miércoles, 27 de octubre de 2010

II Bilbao Night Marathon

Podo prometer e prometo que levaba tempo desexando correr esta carreira. Para ser máis exactos algo máis dun ano. Dende que elexín correr en Porto en troques de facelo en Bilbao que lle tiña moitas ganas... e por desgraza vou seguir téndollas cando menos un ano máis.

O adestramento non foi tan serio e racional como o que me levou a maratona de Madrid, pero tampouco estaba tan mal de forma. Como moito podo decir que me pasei facendo o burro polos montes de Chandrexa de Queixa e que iso me producíu unha pequena lesión no sóleo da perna esquerda.

Unha semana antes tiven un trancazo, pero a base de ibuprofeno, paracetamol, xarope para a tos e moita auga conseguin recuperarme para esta proba.

O que peor fixen foi agardar a que fallaran dúas semanas escasas para mercar unhas zapas novas... e inda por enriba mércoas con control de pronación... o que seguramente faría a adaptación ainda máis duradeira. Como a verba non é un ben escaso no meu repertorio lingüístico decidín tentar unha adaptación express... usaba as zapas novas para traballar, para andar por casa, para adestrar... faltoume ir con elas á BBC (ós banquetes, ás bodas e ás comunións).

¿Qué pasou? Que levaba unha semana con molestias no entorno do xeonllo e o día anterior á proba tiven que voltar do traballo a casa para cambiar o calzado, xa que non aguantaba coa dor. O problema foi que agardei demasiado a tomar esta decisión, como logo puden comprobar na miña propia pel.

O día da carreira todo parecía conxugar a verba "éxito" xa que a temperatura era moi agradable (durante a proba oscilou entre 16 e 17º), nen chovía nen semellaba ter ganas de facelo, a brisa era moi doce, os ánimos inmellorables e o ambiente de festa vivíase pola cidade.

A feira do corredor era, por decir algo, absolutamente testemuñal (como que era máis pequena que a da MM Sportzone) e feita nunha carpa inchable. Nembargantes a zona de saída levaba horas ou incluso días sólidamente preparada. A bolsa do corredor tiña, aparte dos imperdibles, o chip, o dorsal e unha brida, unha mochila bastente chula e práctica. Noutro posto caeron tres revistas de deportes (unha de atletismo, claro) e pouco máis.

Baixoume un amigo ao centro a iso das sete e media coa intención de aparcar perto da chegada. Quedamos en que, cando eu rematara, voltaría ó mesmo lugar para levarme á súa casa. Mentres eu facía a carreira él vería a saída e logo voltaría coas mulleres e cos nosos fillos respectivos. Tempo tería de sobra, segundo as espectativas iniciais, ata as 12:30 horas da noite en que, como moi cedo, estaría chegando á meta.

Sobre as 20:30 comezo a estirar e quentar pola beira da ría do Nervión. Nada máis comezar noto que o xeonllo non vai ben e dame a sensación de que sufrirei algo ata que quente (sobre o km. 6, como me pasara nos derredeiros adestramentos pero calara) e deixe de molestar. O que non teño tan claro é se aguantará tantos km. xuntos. Xa veremos.

Faltando dez minutos achégome á banderola que marca as 3 h. 30' (o meu obxectivo ideal) e poso para a foto. Un pouco máis adiante unha parella está disfrazada de peluche... ¡¡menos mal que só van facer a media maratona!! O ambiente é insuperable, pero chega a hora en non saimos. Pitidos. Pasan os minutos. Berros. Máis tempo. Abucheos. Por fin dan a saída con 12 minutos de retraso. Bengalas nos primeiros metros do percorrido e fogos de artificio un poucou máis adiante, nunha ponte que esa mesma noite sería fundamental para min: a pasarela peonil Padre Arrupe.

O primeiro km. faise imposible adiantar, así que disfruto do momento, da noite, do ambiente, dos berros e ánimos dos familiares e amigos. No segundo kilómetro xa se corre abondo e comezan as dores na perna esquerda, pero confío en que sobre o sexto me deixen tranquilo. Pasamos a Gran Vía arriba e abaixo, abarrotada de xente. Da gusto correr con este ambientazo. O ritmo alegre, sobre 4' 35''/km., faime pensar que haberá que ir baixando pouco a pouco a un paso máis razonable, pero xa estamos baixando cara á bocana da ría e todos o santos axudan. No sexto kilómetro paran, efectivamente, as molestias na perna esquerda, así que todo vai vento a favor.

Chegando ao km. 11,5 voltan xa as lebres que van diante de todo (eles levan xa case 17) e un pouco máis adiante crúzome co famoso Patxi Ros "o nudista" (do que xa oíra falar cando fixen a Behobia-Donostia e que da nome á famosa carreira nudista da praia de Sopelana) que o ano pasado rematou a primeira edición desta maratona en nada menos que 3h. 04' (posto 81), e que esta vez corría en compañía. Outro detalle curioso foi o dun corredor que fixo toda a carreira disfrazado de "Spiderman" con carapucha incluída... hai polos opostos.

Todo ben á volta ría arriba e ata pasada a media maratona, outra vez no Guggenheim. Aquí se queda máis da metade da xente e, de súpeto, quedamos só os elexidos para a gloria... ou a derrota.

A subida do km. 22 fíxose máis dura que cando era a do primeiro, pero nada facía presaxiar a catástrofe. Proba superada. A Gran Vía de novo, pero esta volta considerablemente máis valeira, axudou a recuperar forzas. Nembargantes, no km. 26, a carón do Parque de Dª Casilda Iturrizar, tiven que parar a estirar porque as dores voltaran á miña perna esquerda. Volto á carreira e a costa abaixo facilita a reincorporación. No km. 27, vexo que non vai nada ben a cousa e que pinta bastante negra, pero ainda non penso no abandono, e iso que estou a un paso da zona de meta.

De súpeto escoito detrás miña decir; "Olha. Montepío!". Volto a cabeza e miro a dous homes, un deles evidentemente é portugués porque leva as cores da súa bandeira na camisola. Dígolle que, en efecto, é o Montepío que coñecen. Pregúntanme que de ónde son e dígolles que de Vigo. Alucinan un pouco e comento que ademáis levo tamén comigo os restaurantes "Filha da mae preta" e "Peza Arroz" da Ribeira do Porto. Os seus ollos son coma pratos pero respostanme que eles son de Porto e coñecen o lugar. Seguen adiante e comentan que pretenden facer 3 h. 30'. Desexanme sorte e boa viaxe de volta. Contestolle que o mesmo para eles (por si acaso). Xa sei que eu non vou chegar no tempo previsto, pero ainda penso en chegar.

Pasamos de novo a ría pola Ponte do Areal, a carón do Teatro Arriaga temos isotónicas outra vez. Ainda sorrío e vou chocando mans de nenos e nenas de cando en vez (levo chocado centos de mans en algo máis de dúas horas, como comenta o animador e Dj. que hai nesa zona) pero no km. 29,5 teño que volver a parar para estirar. As dores son cada vez máis intensas e comezo a dubidar sobre cómo rematarei a proba.

Volvo, despois duns minutos, a renquear pola marxe dereita da ría, por diante do Concello de Bilbao e non vexo o seguinte momento de parar. Pola miña cabeza xa madura a idea do abandono e ollo con avidez a ponte Zubizuri do famoso e polémico arquitecto Santiago Calatrava. Avanzo malamente 500 metros e volvo a parar.

A perna dereita non ten problema, pero a esquerda semella un "colgajo" que vai porque non lle queda outra. Atópome en terreno illado e teño que seguir, cando menos, ata a pasarela peonil que une a Universidade de Deusto (marxe dereita) co parque que hai diante da nova biblioteca da mesma (marxe esquerda) do prestixioso Rafael Moneo. Chego ata ela e cruzo a estrada cara á ría. A xente que hai perto da pasarela anima aos corredores que seguen pasando. Eu avanzo case entre bágoas e subo como podo, pasiño a pasiño, chanzo a chanzo.

Vexo a hora e calculo que, indo con moita calma xa que pouco máis vou poder facer, ainda teño 50 minutos ata que me veñan recoller e probablemente me colla o frío. Así e todo non me queda outra saída que abandonar. Seguir podería acarrear a rotura dalgún tendón ou un desgarro muscular e iso son moitos meses en dique seco. Como dí a frase que atribúen a Maurice Maeterlinck "El dolor es inevitable, el sufrimiento opcional", así que eu opto por un futuro non demasiado lexano correndo a cambio dun presente triste e intelixente.

Chego á zona de meta e pído auga (aclarando que me retirei) e danme unha bolsa completa (mazá, auga, isotónica, ensalada de lata, brik de caldo, bocata, cereais... ¡¡mimadriña!!) e ofrecenme unha medalla de "Finisher" que inicialmente rexeito. Pensoo mellor e acéptoa como regalo para os meus fillos e como recordatorio para que o vindeiro ano non esqueza que teño unha cita ineludible coas rúas desta fermosa e acolledora cidade do norte.

Os primeiros 20 corredores xa chegaron e síntome fora de lugar. Baixo a cabeza e busco o camiño de volta ó punto de encontro. Pola rúa unha muller duns 70 anos que vai co seu home do brazo pregúntame asombrada se xa rematei. Confeso que non; que a perna esquerda pedíu papas e que outra vez será. Desexanme moita sorte e penso que non estivo mal a experiencia e na amabilidade do pobo vasco. Chego ao punto de encontro con 20 minutos de adianto e comezo a estirar. En 10 minutos vexo o coche do meu amigo e cando me asomo á ventá para falar con él a miña perna esquerda ten espasmos que non controlo. Abrígome e, co rabo entre as pernas, volto a casa con máis sede que fame, con máis cansanzo que se tivera rematado a carreira. ¡¡¡¡O que fai a adrenalina do éxito!!!!


Os meus "amigos" portugueses tampouco conseguiron o seu obxectivo. Así e todo, chegaron moi contentos. Cun pouco de sorte poden volver a intentar o asalto ás 3h. 30' en Porto dentro dun par de semanas.


Fotos: todas obtidas da web da propia carreira.

lunes, 25 de octubre de 2010

XV Media Maraton de Pontevedra


Mañana otoñal en la ciudad del Lérez. Temperatura agradable y gran ambiente precarrera. Hoy había una nutrida representación del equipo en esta clásica media gallega y dada la cantidad que íbamos también diversidad de objetivos.
Unos, a sabiendas de lo favorable del circuito para intentar marca, a intentar MMP; otros, con maratones a la vuelta de la esquina, a realizar un entreno de calidad; y otros a coger la forma. Mención especial para el presi que sé que lo está pasando mal pero en el que confiamos salga del pozo cuanto antes.

En mi caso me tomé la carrera con calma, tanta que me olvidé el fore en casa. Realicé la prueba en compañía de Igor y Agüita con la idea de conseguir un ritmo exigente pero cómodo, que no nos desgastara de cara al 7 de noviembre. La ventaja del circuito es que te cruzas con los compañeros en unos cuantos tramos y dado que no iba a tope durante buena parte de la prueba me sobraban fuerzas para animarlos.
Todos sudamos la negra y se consiguieron 8 MMP. Grandes tiempos de Miguel Ángel, Fran y Fran A. Cachofoucellas, Mapleleafs, Cheetos, David B. y Tara. Todos en base a sus posibilidades consiguieron mejorar sus cronos en la distancia. Ánimo a Canido que tuvo un mal día y pese a todo realizó una buena marca, al igual que Mincha, quien fue de menos a más y demostró que estamos preparados para el maratón (al igual que Agüita y compañía). También buena carrera la de Toniofrancia. Por último mención especial parade Linkinpark, todo pundonor, aunque coincido con él que cuando se va con dolor es mejor parar. Especialmente gracias a Igor y Agüita por la compañía y a Safardatxo, Pili y Andrea por los ánimos.
Tras el esfuerzo físico tocó comida de confraternización, a la que algunos no pudimos desgraciadamente acudir.
Ánimo a todos con esos entrenos, sobre todo a los que en 13 días tenemos la gran cita con esa distancia que nos enamora.
PD.- Ánimos igualmente para nuestro entrañable Banderas. Desearte una rápida recuperación.

Beauvais

viernes, 22 de octubre de 2010

Vigo+11 por Agüita


Domingo por la mañana, mañana fresca de otoño: Carrera Vigo+11

El calentamiento:

Como parte de la preparación cara al Maraton de Porto, tocaba realizar un lago de 30kms, como quería participar en la carrera Vigo+11, decidimos previamente a la carrera realizar un entrenamiento de 19kms, con lo cual sumado a la carrera completaríamos los 30kms, digo completaríamos ya que nos juntamos Beauvais, Canido y yo; calculamos el ritmo aproximado para llegar a la salida de la carrera, prevista para las 11:11, teniendo que esperar lo menos posible, para no enfriarnos. Salimos puntualmente a la orden de Beauvais a las 09:30, enfilando en primer lugar la calle arenal, para posteriormente, y tras dar la vuelta pasados 1km, seguir por Beiramar, Bouzas dirección Samil; iniciamos la marcha a ritmo lento, pues teníamos muchos kilómetros por delante; chalando fueron pasando los kilómetros, además aprovechamos la anticipada colocación de los conos destinados al paso de la carrera, la cual coincidía, en parte, con nuestro recorrido; llegamos a Samil y nos encontramos con nuestro compañero Safardatxo, el cual amablemente nos provee de agua, gracias safa; regresamos sobre nuestros pasos con un ritmo ya un poco más vivo; volvimos a provechar los conos al pasar por Beiramar, y era curioso y a la vez simpático ver a algunos coches que circulaban por la zona acotada, detenerse, e incluso salirse, al ver a 3 individuos ataviados con dorsales.

Llegamos a la zona de salida donde se concentraba un buen número de corredores listos para la salida, en apenas unos minutos se da la salida.

La carrera:


Hoy nos juntamos un buen numero de compañeros para esta carrer

a; salí tratando de seguir la estela de Igor y Beauvais, los primeros kilómetros voy a su lado, pero al volver a pasar por laplaza de Compostela tomo la decisión de bajar el ritmo, mi intención era ir sobre 4:15, Igor decide quedarse conmigo para ayudarme, nunca p

odre agradecerle lo mucho que está haciendo por mí, siempre atento al ritmo, vigilando que no me quedase atrás, incluso cogiéndome agua en los avituallamientos; conocedor del recorrido, sabía que la calle Coruña tenía una cuesta considerable, le comento a Igor el pormenor, el dice que no pasa nada, que tire, siempre dando ánimos; vamos adelantando corredores, eso anima mucho, sobre todo subiendo; ya a mitad de la calle Camelias, el perfil se hace más amigable, llaneamos, no sin antes pasar un pequeño repecho a mitad de Venezuela, para luego bajar, a tumba abierta, hasta meta, por las calles Gran Via, Urzaiz y finalmente Colon, viendo la meta cerca, el descenso lo hacemos a ritmos próximos a 3:30, e Igor dando ánimos continuamente; entramos en meta cogidos de la mano, algo ya habitual en el mundillo de las carreras entre compañeros que han compartido la carrera; tiempo final 45:52 según Championchip, a 4:15 de media; tengo que decir que la carrera no llegaba a los 11kms, por mi Polar 10764m; ya antes de comenzar la carrera un conocido, juez de atletismo, me comentara que le faltaban unos 400 metros, así que mi Polar no andaba muy mal de medición.

Tras finalizar la carrera nos juntamos todos los compañeros para hacernos unas fotos de rigor y comentar los pormenores de la carrera.

lunes, 18 de octubre de 2010

Porto Sentido





Correr em casa na companhia da familia do CARMA é uma sensação unica... cada pedra, cada local onde tantas e tantas vezes treinei, corri... NO FUNDO A MINHA CASA!!! PORTO!!
E nada mais bonito do que este belo poema, que tão bem define a cidade Património da Humanidade... "Muy nobre e sempre leal Invicta Cidade do Porto"!!!

Porto Sentido
Quem vem e atravessa o rio
Junto à serra do Pilar
vê um velho casario
que se estende até ao mar

Quem te vê ao vir da ponte
És cascata, são-joanina
erigida sobre um monte
no meio da neblina.

Por ruelas e calçadas
da Ribeira até à Foz
por pedras sujas e gastas
e lampiões tristes e sós.

E esse teu ar grave e sério
num rosto de cantaria
que nos oculta o mistério
dessa luz bela e sombria


Ver-te assim abandonado
nesse timbre pardacento
nesse teu jeito fechado
de quem moi um sentimento

E é sempre a primeira vez
em cada regresso a casa
rever-te nessa altivez
de milhafre ferido na asa

Letra: Carlos Tê


http://www.youtube.com/watch?v=ch5DVcZqsu4

martes, 12 de octubre de 2010

Duatlo em Ourense...




Confesso que desde sempre me agradou as competições por estafetas (relevos), talvez pelo facto de ter sido Campeão Inatel de estafetas em 2009 pelo Millenniumbcp, mas acima de tudo porque em nós puxa pelo nossa capacidade de camaradagem... já não vemos somente a nossa "corrida", mas igualmente a corrida de todos os companheiros de estafeta...
O dia "acordo" chorão...e que bela maneira de acordar a um domingo...6 da manhã (portuguesas) em Puenteareas... a caminho de Ourense, onde já aguardavam os companheiros Pancho e Ramiro...que apesar do meu atraso nem "resmungaram"...certamente previlégio de treinador...(ehehe...).
O CARMA estaria mais uma vez representado ao mais alto nivel por 2 equipas:

Equipa I
Igor-Ramiro-Fran (presi)
Equipa II
Pancho-Canido-Toni

além de um "marmelo" isolado noutra equipa... Ricardo Otero!

A chuva que copiosamente caía...levou-nos a aproveitar a gentileza de uma senhora onde nos mudamos e preparamos para a "tareia" dos elementos...vento e essencialmente chuva acompanhou-nos no aquecimento até à praça central de Ourense.
Confesso que sempre gostei de Ourense...uma cidade lindissima com uma zona histórica bela e apaixonante...porém nesse dia após a partida dada por um canhão...que nem deu tempo de disparar...Polvora Molhada???... deixou-me mais preocupado em evitar uma queda nas zonas estreitas e pedregosas, do que em aproveitar a visita apressada à história gravada no casario de Ourense.
Cedo percebi que esta corrida seria diferente, diferente não só no percurso...maioritariamente ao longo do NOSSO rio Minho, que une os nossos 2 países, mas também pelo percurso essencialmente em caminhos de terra...sem duvida uma maratona diferente...
Cabia a mim o primeiro percurso que foi bem acompanhado pelo companheiro Pancho...seguido à distância pelo Ramiro...a quem deveria dar o meu "testemunho" (chip)... de lembrar que ambos (Ramiro e Pancho) deveriam realizar uma "tirada" larga de treino para NY.
A furia dos elementos transformou o percurso num lençol de àgua e lama, que nos levou a certa altura a pensar estarmos num duatlo...dada a quantidade de àgua no percurso...se no inicio se evitaram os charcos...cedo deixou-se essa preocupação... pelo que os percursos mais pareciam unir o rio Minho às terras adjacentes, transformando a corrida num autêntico desafio de natação!!!!
No final uma festa deu lugar à camaradagem "vencendo" no nosso campeonato CARMA a equipa II com o tempo de 3h11 contra os 3h23 da equipa I, pelo que para o ano temos desforra....
Bem tudo foi esquecido de volta ao bar do "Macendo" onde juntamente com uns isostars, e em bom convivio, apreciei um bom café com bagaço...terminando uma "chovosa" manhã de Outubro...e o meu primeiro "duatlo" em Ourense...

martes, 5 de octubre de 2010

Se a montaña non ven ao CARMA...

Non é doado que unha montaña se mova. Eu cando menos non coñezo moitos casos de montes que foran correndo após das persoas, ainda que algún ten caído sobre aldeas enteiras para desgracia desas pobres xentes. Visto así o tema, o normal é que sexamos nós, os humanos, os que vaiamos onde están os montes... e no CARMA temos un grupiño de “malucos” sempre dispostos a subir e baixar por eses montes de dios: Jeff, Miguelbn, Banderas, Toniofrancia, Canido, Agüita, Linkinpark (cando non está lesionado) son solo unha pequena mostra. Se ademáis falamos de andainas entón o grupo medra considerablemente: Pili, Fifthelement, Xana, Gerardo e Yolanda...non sei se me esquezo de alguén.

O caso é que hai unhas poucas semanas algúns de nós participamos no único maratón de
montaña que hai por estas terras... e iso que hai unhas cantas carreiras de montaña famosas e dignas de mención, pero só unha ten a honra de lembrar ó vello Filípides. Penedos do Lobo é, ademáis, recoñecida a nivel nacional como unha proba merecedora das máis altas calificacións en canto a percorrido, dureza e fermosura. Por algo forma parte do Circuito Alpino de carreiras de montaña xunto co famoso Galarleiz, o Jarapalos e o Maratón Alpino Madrileño... casi nada, vamos.

Esta vez participamos tres membros xa oficialmente recoñecidos no CARMA (Jeff, Banderas e
Montxo) e outros dous que naquel intre ainda non o eran (Toniofrancia e Miguelbn) pero que xa levaban dentro metida a semente do noso equipo: a amistade por enriba da rivalidade; o amor polo deporte máis sinxelo e natural; o feito de disfrutar do ambiente antes, durante e despois das carreiras; e a capacidade de sacrificio persoal para axudar aos compañeiros nos momentos malos... o espíritu CARMA elevado á máxima potencia.

Desenvólvese esta carreira polas terras montañosas da Serra de Queixa, atravesando parte dos concellos de Trives e Chandrexa de Queixa, o que supón un desnivel acumulado de 3.133 ó longo dos 42 km. e pouco, pero especialmente concentrado en tres puntos: a subida do cortalumes que caracteriza os km. 12 a 14, prolongada un pouco máis ata case o km 16, ainda que con menor pendiente; a baixada atroz e rapidísima por un sendeiro estreito, serpenteante e cheo de mato e pedras soltas entre os km. 29 a 31 que nos leva ó pobo abandonado de Parada; e a durísima ascensión aos Penedos do Lobo, non tanto pola pendente que ten ou pola temperatura que xa acompaña aos corredores a esas horas da mañan nesta ladeira orientada ó leste senón polo cansanzo que xa acumulan as pernas logo de 35 km. de carreira, de outros 2 longos km.

O día presentouse fresco ainda que amenazaba con elevar as temperaturas nas horas centrais
do día ata case os 30 grados en algúns puntos do percorrido, e de feito na saída a meirande parte dos participantes levaba gorra para o sol ó mesmo tempo que usaba braga no pescozo. O ambiente na saída parecía unha festa. Todo eran saúdos, apertas, nervios, abrazos e desexos de boa sorte para os compañeiros e rivais a partes iguais... outra das peculiaridades deste tipo de competicións nas que se vive un ambiente de camaradería envidiable. As fotos de rigor son testemuña silenciosa do que comento.

Saímos con puntualidade británica cara ós 42 km. con ritmo alegre pero coa cabeza pensando nos puntos críticos. Así e todo un despiste a menos de 10 minutos de
carreira fixo que metese o pe errado no lugar que non debía. Mal comenzo para unha carreira tan longa e onde os tobillos son tan importantes. Pasaron voando os kilómetros fáciles na boa compañía de Montxo e do seu compañeiro Homedenejro, pero ahí estaba o cortalumes. Acabouse a festa e tiven que meter a reductora. A perna esquerda respondía mellor do esperado pero a costa era moito maior das que estou afeito a subir (e iso que preparei montaña) e tiven que deixar marchar aos meus compañeiros e ver cómo me pasaban ducias de corredores. Definitivamente isto iba a ser máis duro do que eu pensaba, pero abandonar non forma parte do meu vocabulario habitual.



A piques de rematar a ascensión saúdame con voz alegre alguén pola miña dereita. Era Toniofrancia, ao cal había ben de tempo que non miraba. Seica chegara tarde e saira de último, pero viña como unha moto. Díxome que viñera a facer un adestramento de calidade en montaña,
xa que o seu obxectivo era a vindeira Transcanaria (unha proba de trail moito máis longa e dura que ésta que estabamos facendo) e como o seu compañeiro de adestramentos estaba lesionado andaba solo. Díxome que se quedaba comigo, e así foi. Ata o derradeiro metro non deixou de acompañarme, apoiarme e axudarme anímicamente, e ben que llo agradecín, porque houbo momentos en que houbera abandonado de non ser por él. Non cheguei a decirllo, pero sí que o pensei varias veces... na Media maratón e, sobre todo, en Paradela antes da subida aos Penedos do Lobo.

Chegados ao cumio da Cabeza de Manzaneda semellaba que todo iba rodado, pero faltaba unha segunda metade que, según dixeran, era moito máis dura. Así foi. A baixada inicial non era perigosa nen dura, pero fíxose algo lúgubre porque esa parte do monte ardera pouco atrás e o cheiro a queimado no narís borraba o sorriso que a beleza da paisaxe adoita poñer na cara dos amantes da montaña. Logo viría a baixada estrela da xornada. Como sempre, fun quen de ir adiantando máis xente da que me adiantou a min (somentes unha muller) mentres durou a costa abaixo. Toniofrancia seguía alí, pegadiño a min a pesares de que,
según él, o seu non son as baixadas. Polo camiño pasamos a un rapaz que seica torcera un tobillo e para o que xa había pedido un equipo de rescate. En Parada comprobamos que acababa de chegar un helicóptero da Garda Civil de montaña e un rescatador cruzou connosco. Dixémoslle a qué distancia estaba o ferido e seguimos camiño. No avituallamento había outro rapaz tirado no chan víctima tamén das pedras soltas na perigosa baixada que viñamos de pasar.

Trotamos suaviño o resto dos kilómetros ata Paradela, un sube e baixa sen demasiadas complicacións que transcorre por lugares absolutamente deliciosos: entre bosques, prados, regatos e suaves colinas. Logo, en Paradela, avituallamento líquido e sólido abondo e un intre de respiro. Queda por diante a peor das costas e xa o sol queima nas costas. Fotos de rigor gracias ao compañeiro de adestramentos de Toniofrancia e moitos ánimos.

Saimos de Paradela entre calellas case abandonadas ó seu destino, e apenas a 500 metros vemos a ladeira que temos que subir. Manchiñas de cores salpican unha senda apenas visible. Uns levan bastóns, outros só as súas pernas, e todos cansancio e sufrimento. As miñas pernas están moi cansadas, cada paso que dou teño que
animalas a seguir. Especialmente duro é mover a perna esquerda, que xa viña tocada da casa, e cada vez que a subo penso que vou ter que cantarlle algo para ver se así se anima. Paro unha, dúas, tres, catro... Ata seis veces teño que parar a respirar, estirar algo as pernas e ollar o que xa deixamos atrás para darme moral. Se miro adiante igual o penso dúas veces e deixo todo. Tonio dime que estea tranquilo; que non hai presa; que se non chegamos en 5 horas e media xa chegaremos en 6; que o peor xa pasou e que pense en que cada vez queda menos. Dígo que sí e iso me reconforta. Seguimos adiante e volvemos a ter a compañía do seu compañeiro, que nos tira máis fotos e nos comenta que xa case chegamos arriba. Ten razón. Un kilómetro máis e xa estamos no avituallamento do km. 38, xusto ó pe doutro pequeño cortalumes (éste non lle chega á planta do pé ao primeiro que tivemos que subir nin en pendiente nin en lonxitude) que superamos con relativa facilidade.

Arriba de todo atopamos unha pista de terra que
nos leva, subindo só un pouquiño, ata a vertical da meta pero por enriba. Escoitase a megafonía ao lonxe e iso da ánimos para trotar un pouco. Non queda nada pero os metros non dan pasado. Ninguén por diante á vista xa. Por detrás tampouco se mira a ninguén. Nós ao noso, que é chegar o mellor posible para a foto. O choio xa está feito, unha baixada á dereita, un xiro ou dous máis e xa estamos. Collo a Toniofrancia da man e as elevamos en sinal de victoria. Sacamos as gorras para saír ben na foto e sorrimos. Toniofrancia aplaude. O meu sorriso non pode ser máis significativo: gañamoslle; vencimos á montaña; costounos case seis horas, pero cumplimos o obxectivo; chegamos sufrindo máis do xusto pero fixémolo.





Non hai que chegar antes que ninguén.
Tanto ten chegar máis tarde que outro.
Hai que chegar vivo e gozando do intre.
Hai que ter espíritu CARMA.

Fotos: algunhas fixoas o compañeiro de adestramentos de Toniofrancia, outras son "prestadas" da web da carreira. Podedes ver moitas delas e máis ainda neste vídeo.

Entrada:Banderas.